Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

AS MATINÉS DO PRINCIPAL | PONTEVEDRA | TEATRO PRINCIPAL

4 junio | 12:00 h. 17:00

12€ - 50€

As novas Matinés do Principal son un ciclo de música ao vivo deseñado en Pontevedra para todos os públicos en horario matutino. Fuxindo dalgúns dos tópicos dos formatos de programación matinais concibidas para un público fundamentalmente infantil, AS MATINÉS DO PRINCIPAL buscan unha audiencia moito máis ampla e fomentar novos horarios de consumo cultural. Os concertos das Matinés do Principal están pensados para gozar en familia, entre amigos… Ata o mes de xuño programamos cinco concertos (MARLANGO, THE SADIES, DE VACAS, DELAFÉ e ORQUESTRA OS MODERNOS) que comezarán ás 12.00 do mediodía e se celebrarán en fin de semana (catro sábados e un domingo), un horario asequible tanto para grupos familiares como para o cada vez máis numeroso público que reclama unha oferta de ocio diurno con personalidade e de calidade.

A variedade das achegas musicais desta primeira edición de As Matinés do Principal brinda a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade. A inconfundible voz da actriz e cantante madrileña Leonor Walting, líder de MARLANGO, será a encargada de inaugurar As Matinés do Principal o sábado 4 de marzo co seu pop peneirado ao través do jazz e do blues e cheo de estilo e carácter, ao que seguirá o sábado 1 de abril esa fusión de rock, country e blues de THE SADIES, banda de culto canadiense con máis de dúas décadas de experiencia e éxitos. Óscar D’Aniello (DELAFÉ) presentará nas nosas matinés La fuerza indescripible, o seu primeiro traballo en solitario tras máis dunha década volcado no proxecto Delafé y Las Flores Azules cuxo título define con precisión a fortaleza da presencia e o carácter sobre o escenario deste músico e cantante catalán. Feitos en Galicia, propoñemos dous xeitos de achegamento a músicas “populares” dende perspectivas ben diferentes, como as de DE VACAS e a súa orixinal visión para versionar coñecidos “temazos” que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido co que nos emocionan e fan rir a partes iguais, ou a ORQUESTRA OS MODERNOS, un renovado rexistro musical das noites de verbena e as mañás de vermú con bailes como o foxtrot, baiao, chotis, tango, rumba, muiñeira, xota, etc.; a Orquestra Os Modernos estarán secundados no seu concerto que clausura o ciclo o domingo 4 de xuño por ESPIÑO, o novo proxecto musical do inquedo músico compostelán Alfonso Espiño (líder da banda Los Chavales) que resultou recentemente gañador do certame Galicia Creativa da Fundación SGAE.

 

 

MARLANGO
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 4 MARZO 2017
12.00
14 euros (anticipada) / 16 euros (billeteira)
desconto do 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

THE SADIES
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 1 ABRIL 2017
12.00
14 euros (anticipada) / 16 euros (billeteira)
descontó do 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

DE VACAS
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 6 MAIO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto do 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

DELAFÉ
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 3 XUÑO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto do 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

ORQUESTRA OS MODERNOS
+ ESPIÑO
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
DOMINGO 4 XUÑO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto do 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

Detalles

Fecha:
4 junio
Hora:
12:00 h. 17:00
Precio:
12€ - 50€
Evento Categoría:
Evento Etiquetas:
, , , , , , , , , ,

Lugar

Teatro Principal – Pontevedra
Pontevedra, Pontevedra España

Organizador

iRadia

Otras noticias

(C) 2016. I-RADIA CREA