iRadia Crea

17º Ribeira Sacra celebrará a súa oitava edición entre o 25 e 28 de xullo

  • O festival segue apostando por ofrecer unha programación completa na que, ademais do cartel musical, as propostas gastronómicas, artísticas e as actividades para descubrir o territorio convértense en parte imprescindible da experiencia.

A oitava edición do festival 17° Ribeira Sacra regresa á Ribeira Sacra do 26 ao 28 de xullo deste ano. Trátase dunha cita anual nun dos mellores paraxes na que a música, a arte, a gastronomía e a terra únense para crear unha experiencia única para o público.

Proximamente daranse a coñecer os primeiros artistas confirmados e as novidades dun programa que reunirá de novo concertos nalgúns dos escenarios máis singulares deste territorio, como o catamarán de Ponte do Sil ou o Mirador de Santiorxo, ou as actividades que complementan esa fin de semana como os roteiros, as catas e degustacións gastronómicas, que maridadas coa sensación de festival, farán que se convertan nun momento único.

As diferentes localizacións da Ribeira Sacra acollerán unha nova edición do recoñecido Mellor festival de pequeno formato da Península Ibérica o ano pasado (e que tamén foi premiado como o mellor do país en 2020) e que novamente está nomeado en nove categorías aos Iberian Festival Awards, os galardóns que recoñecen aos que mellores festivais de España e Portugal. Algunhas das candidaturas poden ser votadas ata o 17 de xaneiro na web destes premios.

Moi pronto sairán á venda tamén os primeiros abonos a un prezo promocional.
A través da web festivalribeirasacra.com ampliarase información coas últimas novidades.