BALANCE MOI POSITIVO DO FESTIVAL GASTRONÓMICO COCIDOS DO CAMIÑO CELEBRADO ESTA FIN DE SEMANA NO CONCELLO DE LALÍN
Máis de 5000 persoas participaron no Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, que se desenvolveu esta fin de semana no Campo da Feira de Lalín, onde a cultura, a gastronomía e o Camiño congregaron a asistentes de toda Galicia a gozar dunha experiencia completa ao redor dun prato tan venerado como o cocido.
Unha degustación culinaria que levanta paixóns, como se comprobou esta fin de semana na que se repartiron máis de 600 racións dentro dun festival que non fixo máis que abrir unha nova guía “gastro-musical” na que participaron os cocidos lalinense, estremeño, lebaniego e o pote asturiano, cada un coas súas particularidades, e que se completou coas actuacións de bandas como Tanxugueiras, Baiuca, Club del Río, Eladio y los Seres Queridos…
Así, o Cocido Lebaniego foi levado a cabo por Montse Prellezo do Restaurante Remoña (Cantabria), quen ademais agradeceu á Fundación Camino Lebaniego e ao Grupo de Acción Local Liébana polo seu apoio para facer posible o estar neste festival gastronómico. Julián Hurtado do Restaurante El Chozo Extremeño, presentou o seu mellor Cocido Extremeño, e aos fogóns do Pote Asturiano estivo Cristina Rey de La Gitana GastroBar en Gijón, quen tamén sorprendeu aos asistentes co seu croquetón de compango. O cocido galego foi representado, por unha chef lalinense, Cecilia Sanmartín de Casa San Martín.
Polo corazón de Galicia discorreron esta fin de semana dous trazados do Camiño: o de Inverno e a Vía da Prata, demostrando desta maneira que as rutas xacobeas son na actualidade a maior rede cultural á hora de promover calquera singularidade que se atope nalgún punto do seu percorrido, e este festival atopou en Lalín algo que vai moito máis alá do seu espazo de celebración. Así o destacou José Crespo, alcalde de Lalín, que puntualizou “que é unha satisfacción que moitos galegos se achegaran a Lalín a coñecer os cocidos do Camiño de Santiago” e que os cociñeiros que viñeron de fóra “amosasen a súa ledicia polo convite e tamén polo resultado do Festival, tanto no referente á difusión como no referente á venda e degustación de produto”.
Unha vez rematada a parte do festival poñerémonos a traballar no congreso no que “tentaremos contar con algúns dos referentes da cociña nacional e tamén autonómica” e darlle un pulo ao Cocido e á cociña como conceptos de cara “aos retos que nos formula a cociña do futuro, no que se refire a produto, a sostibilidade e rebaixa da pegada medioambiental e tamén á difusión da riqueza da nosa gastronomía”.
Crespo tamén lembrou que dúas das novidades importantes desta edición, pese a ser unha edición que coincidiu co final da pandemia e con todos os condicionantes que implicaba, “acadaron un notable repercusión e un moi destacado éxito, tanto o Festival dos Cocidos do Camiño como o caso de Alvariza, a Feira do Mel que tamén comezou na primeira edición co nivel moi alto”.
Pola súa parte, Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, organizadora do evento, celebrou «O bo ambiente, o éxito e o que pode supoñer este formato único de festival que se presentou en Galicia, un referente dunha nova forma de entender os festivais gastronómicos, e as exaltacións gastronómicas. Un festival que aspira a seguir crecendo con máis gastronomía e máis comunidades convidadas”.
Oferta musical de calidade que converteu o festival gastronómico en toda unha experiencia
Un apoteósico concerto de Tanxugueiras o sábado puxo o broche de ouro a esta edición de Cocidos do Camiño cun público ávido de escoitar ás cantareiras, que encheron a carpa do Campo da feira, pero tamén con ganas degustar os diferentes cocidos nesa sesión vespertina mentras de fondo soaban Eladio y los Seres Queridos e Atmósfera 0. Pola mañá foi a quedan de As Pandereteiras da Carballeira de Cercio e da banda Club del Río, quen amenizaron a sesión vermú.
O venres pasaron pola carpa a banda valenciana Maluks, letras empoderadas e ritmos moi bailables e Baiuca, un dos referentes do novo panorama musical galego, o encargado de facer bailar unha muiñeira con ritmos electrónicos a todos os asistentes da primeira xornada.
En total, máis de 5000 persoas pasaron polo Campo da Feira de Lalín para participar nun festival novedoso que xa empraza ao público para a seguinte edición o ano que vén.
LALÍN PREPÁRASE PARA CELEBRAR O FESTIVAL GASTRONÓMICO COCIDOS DO CAMIÑO, UN FESTIVAL EN TORNO AO COCIDO QUE AÚNA UNHA PROPOSTA REALMENTE SINGULAR
A vindeira semana, a capital do Deza volverá ser escenario dun encontro moi especial. O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño celebrará unha nova edición os días 13 e 14 de maio no Campo da Feira de Lalín cunha proposta moi especial, gozar dunha experiencia completa ao redor dun prato tan venerado como o cocido.
O Camiño de Santiago constitúe na actualidade a maior rede cultural á hora de promover calquera singularidade que se atope nalgún punto do seu percorrido. O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño ten como finalidade facer converxer en Galicia, concretamente en Lalín, a través dun nexo como é o cocido, a diversas localidades que contan con este prato como estandarte da súa tradición culinaria.
Así, o Cocido Lebaniego será levado a cabo por Montse Prellezo do Restaurante Remoña, en Cantabria. Julián Hurtado do Restaurante El Chozo Extremeño, Badajoz presentará o seu mellor Cocido Extremeño, e aos fogóns de preparación do Pote Asturiano estará Cristina Rey de La Gitana GastroBar en Gijón. O cocido galego terá como representante, por suposto, a unha chef lalinense, Cecilia Sanmartín de Casa San Martín.
Lalín actuará como marco da celebración pola súa singularidade. É un fito nos camiños, pero tamén un lugar de encontro de xentes, de culturas e de sensibilidades gastronómicas, de produtos e de tendencias… Un lugar aberto ao mundo, de intercambio entre o atlántico e o mediterráneo, a un paso de Compostela e no corazón de Galicia. E é, ademais, localidade capital do cocido galego -pois a Feira do Cocido de Lalín conta coa catalogación de Festa de Interese Turístico Internacional-; por todo o anterior, o Festival Gastronómico Cocidos do Camiño atopa en Lalín algo que vai moito máis alá do seu espazo de celebración; a súa razón de ser.
Así o celebrou esta mañá Begoña Blanco, concelleira de Cultura na presentación que tivo lugar no Centro Comercial As Cancelas, “ que catro dos Cocidos máis importantes se vaian a reunir en Lalín, un dos cruces de camiños das vías xacobeas na que se xunguen a Vía da Prata e o Camiño de Inverno “. Unha presentación na que tamén se contou coa participación de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística que salientou “…” e onde houbo espazo para saborear unha tapa elaborada no momento con cocido de Lalín polo chef Alberto Currás, de Casa Currás. Unha “churribóndiga”, albóndiga feita con carne de cocido e rebozada como unha croqueta frita, acompañada de grelos tradicionais, espuma de pataca, chourizo ceboleiro e pan de Lalín.
“O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño propón un formato de gastronomía inmersiva. Os asistentes poderán gozar de diversas elaboracións desenvolvidas por cociñeiros e restaurantes de diferentes puntos do panorama nacional que teñen presenza no Camiño de Santiago. Cociñarán de maneira simultánea os seus diferentes cocidos, os cales serán degustados polos asistentes nunha experiencia gourmet de primeiro nivel”, destacou Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, organizadora deste evento.
Co Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, Lalín conecta a súa gastronomía culinaria con outras localizacións do camiño. Co cocido como nexo común e reclamo principal para todos os asistentes, pero non o único, pois o festival tamén contará cunha proposta musical de primeiro nivel achegando artistas dos territorios anteriormente mencionados. O escenario estará integrado na experiencia gastronómica, para completala, nun espazo único e exclusivo que se desenvolverá durante as tres xornadas. Os horarios do evento, de entrada libre ata completar aforo, serán o venres de 19.30 horas a 01.00 horas e sábado de 12.30 horas a 16.00 horas e de 19.30 horas a 01.00 horas.
Así, os asistentes poderán gozar dos concertos de Maluks e Baiuca o venres 13, ademais dunha sesión DJ. O sábado 14, a proposta dividirase en dúas sesións; ao mediodía, coas actuacións das As Pandereteiras A Carballeira de Cercio e Eladio y los Seres Queridos, e na sesión da tarde noite chegará o prato forte -no que ao plano musical se refire- con Atmósfera 0 e Club del Río e a actuación de Tanxugueiras. O peche no Campo da feira tamén correrá a cargo dun DJ.
LALÍN ACOLLERÁ O FESTIVAL GASTRONÓMICO COCIDOS DO CAMIÑO O 13 E 14 DE MAIO
O próximo mes de maio Lalín volverá ser escenario dun encontro moi especial. O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño celebrará unha nova edición os días 13 e 14 de maio no Campo da Feira de Lalín cunha proposta moi especial, gozar da experiencia completa ao redor dun prato tan venerado como o cocido.
E é que o Camiño de Santiago constitúe na actualidade a maior rede cultural á hora de promover calquera singularidade que se atope nalgún punto do seu percorrido. O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño ten como finalidade facer converxer en Galicia, concretamente en Lalín, a través dun nexo como é o cocido, a diversas localidades que contan con este prato como estandarte da súa tradición culinaria.
Lalín actuará como marco da celebración pola súa singularidade, pois non se trata dun lugar máis nun dos tantos camiños; Lalín é un dos primeiros onde converxen a maior parte dos camiños que chegan do sur e do sueste da Península. Historicamente, transitaron por Lalín os peregrinos da Vía da Prata, da Vía Augusta, os do Camiño Sur, os das distintas variantes do Camiño Mozárabe, os do Camiño de Levante, os do Camiño Portugués Interior, os do Camiño de Inverno e un longo etcétera.
É un fito nos camiños, pero tamén un lugar de encontro de xentes, de culturas e de sensibilidades gastronómicas, de produtos e de tendencias… Un lugar aberto ao mundo, de intercambio entre o atlántico e o mediterráneo, a un paso de Compostela e no corazón de Galicia. E é, ademais, localidade capital do cocido galego -pois a Feira do Cocido de Lalín conta coa catalogación de Festa de Interese Turístico Internacional-; por todo o anterior, o Festival Gastronómico Cocidos do Camiño atopa en Lalín algo que vai moito máis alá do seu espazo de celebración; a súa razón de ser. Así o destacou esta mañá o propio Alcalde, José Crespo, na presentación que tivo lugar esta mañá no Centro Comercial Vialia, en Vigo, na que destacou que “Lalín pretende liderar con esta acción a gastronomía dos Camiños a Santiago que é tremendamente rica e un aliciente de primeiro nivel para os miles de visitantes que fan o camiño e que ademais de acubillo espiritual poderán contar na oferta que lles da o camiño unha ampla oferta gastronómica co Cocido como referente”. Unha presentación na que que tamén houbo espazo para saborear unha tapa elaborada no momento con cocido de Lalín polo chef Alberto Currás, de Casa Currás. Unha “churribóndiga”, albóndiga feita con carne de cocido e rebozada como unha croqueta frita, acompañada de grelos tradicionais, espuma de pataca, chourizo ceboleiro e pan de Lalín.
O cocido é, sen dúbida, un prato máxico. Conta con moitísimos séculos de antigüidade, pois se trata dunha das comidas máis antigas de España. Percorrer a xeografía estatal gozando da degustación do cocido típico de cada rexión é, sen dúbida, unha viaxe gastronómica de primeiro nivel, que o próximo mes de maio poderá realizarse desde Lalín. Son moitas as rexións que o fixeron seu, adaptando o prato aos seus propios produtos autóctonos. É por iso que nestes anos Xacobeo, resulta imprescindible camiñar da man deste produto culinario, tan presente en distintos territorios dos Camiños a Santiago, pois se trata dun atractivo de interese gastronómico tamén para moitos peregrinos.
“O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño propón un formato de gastronomía inmersiva. Os asistentes poderán gozar de diversas elaboracións desenvolvidas por cociñeiros e restaurantes de diferentes puntos do panorama nacional que teñen presenza no Camiño de Santiago. Cociñarán de maneira simultánea os seus diferentes cocidos, os cales serán degustados polos asistentes nunha experiencia gourmet de primeiro nivel”, destacou Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, organizadora deste evento.
Así, o Cocido Lebaniego será levado a cabo por Montse Prellezo do Restaurante Remoña, en Cantabria. Julián Hurtado do Restaurante El Chozo Extremeño, Badajoz- presentará o seu mellor Cocido Extremeño, e aos fogóns de preparación do Pote Asturiano estará Cristina Rey de La Gitana Gastro-Bar en Gijón. O cocido galego terá como representante, por suposto, a unha chef lalinense, Cecilia Sanmartín de Casa San Martín.
Co Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, Lalín conecta a súa gastronomía culinaria con outras localizacións do camiño. Co cocido como nexo común e reclamo principal para todos os asistentes, pero non o único, pois o festival tamén contará cunha proposta musical de primeiro nivel achegando artistas dos territorios anteriormente mencionados. O escenario estará integrado na experiencia gastronómica, para completala, nun espazo único e exclusivo que se desenvolverá durante as tres xornadas.
Así, os asistentes poderán gozar dos concertos de Maluks e Baiuca o venres 13, ademais dunha sesión DJ. O sábado 14, a proposta dividirase en dúas sesións; ao mediodía, cunha actuación aínda pendente de confirmar, así como un DJ, e na sesión da tarde noite chegará o prato forte -no que ao plano musical se refire- con Atmósfera 0 e Club del Río e coa actuación de Tanxugueiras. O peche tamén correrá a cargo dun DJ.
I-RADIA CREA AUMENTA O SEU COMPROMISO POLA ACCESIBILIDADE NOS EVENTOS MUSICAIS
I-Radia Crea, en colaboración con ACOPROS (Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo), aumenta o seu compromiso coa accesibilidade, ao achegar a cultura a persoas con discapacidade. Neste caso, farase mediante a implantación dun plan de medidas de accesibilidade na gran maioría dos seus festivais, como o FIV de Vilalba, 17° Ribeira Sacra ou Esférica Rioja Alavesa.
O obxectivo destas medidas é que calquera persoa, independentemente das súas capacidades, poida gozar dos festivais e das distintas actividades en igualdade de condicións que o resto de usuarios/as asistentes.
Neste sentido, I-Radia Crea volve poñer ao servizo do público o acceso preferente e zonas de estacionamento habilitadas con prazas de uso exclusivo para persoas con discapacidade e/ou mobilidade reducida, aseos e barras accesibles, libre acceso ás persoas acompañantes, acceso aos recintos de autobuses adaptados… E este ano, ademais, impulsa, en colaboración con ACOPROS, medidas de accesibilidade sensorial poñendo ao dispor dos asistentes que as soliciten, mochilas vibratorias, para que as persoas xordas poidan sentir a música a través do corpo.
Ademais, isto non quedará así, complementarase con webs accesibles con páxinas de “Lectura Fácil”, materiais como vídeos de presentación dos festivais subtitulados e en lingua de signos, ou sinalización accesible, a parte doutras medidas. Cabe destacar que cada festival ofrecerá estes servizos de forma gratuíta, só haberá que realizar un solicitude de forma previa para o uso das mochilas vibratorias.
Todo isto queda enmarcado tamén dentro do compromiso coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, adoptando medidas que garantan a accesibilidade (física, motora, cognitiva, sensorial e orgánica) e a necesidade de avanzar cara a sociedades máis inclusivas, solidarias e cohesionadas, poñendo ás persoas no centro de todas as accións (ODS 10).
Finalidade e obxectivos:
A finalidade deste plan é que o público poida gozar das diferentes experiencias que compoñen o programa dos festivais, conseguindo, desta maneira, que as súas actividades sexan plenamente inclusivas e forme parte das ofertas culturais accesibles a nivel nacional.
- Fomentar e garantir o acceso á cultura e á música en vivo a persoas con capacidades diversas.
- Concienciar, visibilizar e sensibilizar sobre a necesidade de tomar medidas para conseguir a inclusión real dentro da oferta cultural ao longo de todo o ano.
- Impulsar a utilización de novas ferramentas para mellorar a accesibilidade dos eventos culturais.
O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS GASTRONÓMICAS E O CAMIÑO DE SANTIAGO CENTRAN O PROXECTO “COCIDOS DO CAMIÑO”
A gastronomía, a cultura e o Camiño de Santiago son os eixos do proxecto “Cocidos do Camiño”, que este ano, impulsado pola empresa I-Radia Crea en colaboración co Concello de Lalín e Xunta de Galicia, busca darlle continuidade ás iniciativas de intercambio de experiencias gastronómicas no tocante ao vínculo do Camiño coa Feira do Cocido de Lalín, recoñecida como unha das Festas de Interese Turístico Nacional.
A Casa do Concello de Lalín acolleu esta mañá a presentación da programación completa de “Cocidos do Camiño” coa participación do Vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Lalín, José Crespo, Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, e Álex Iglesias, chef do Restaurante Cabanas que participará no Festival Gastronómico en representación do Cocido Lalinense e formará parte tamén do comisariado do I Foro Gastronómico do Camiño que terá lugar no marco de Cocidos do Camiño.
Un dos tres eixos sobre os que xira Cocidos do Camiño é a internacionalización do cocido e da Feira. Aproveitando a viaxe dunha expedición da Xunta de Galicia á cidade de Miami, organizada en colaboración ca colectividade galega nos Estados Unidos, haberá unha celebración especial da Encomenda do Cocido na que se nomearán comendadores da Feira a unha serie de personalidades americanas, ademais dunha degustación do Cocido de Lalín no hotel Biltmore da cidade de Miami.
Festival Gastronómico
O segundo dos eixos será un festival cun formato de gastronomía inmersiva do 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín, espazo que albergará distintas propostas gastronómica en torno ao Cocido e procedentes dos distintos territorios do Camiño de Santiago 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín funcionará como un punto de encontro para os amantes da gastronomia e da música. Un formato de mercado para todos os públicos onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome, e actuacións musicales de gran proxección internacional, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras ou Baiuca, os primeiros nomes que forman parte deste evento cuxas entradas sairán á venda o vindeiro martes ás 12.00 horas.
Ademais, coincidido coa festividade das Letras Galegas, e como clausura do festival, haberá un acto no que se ligará a oralidade e a gastronomía á literatura galega. Unha acción que porá en valor a rica tradición gastronómica galega empregando a gastronomía como un espazo de difusión cultural. Un evento no que se mestuará gastronomía con literatura e no que se contará con personalidades vinculadas á literatura galega.
I Foro Gastronómico do Camiño
No outono terá lugar o I Foro Gastronómico do Camiño, unha convocatoria que ten como obxectivo converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía, da súa relación coa cociña de vangarda e da reivindicación da produción agroalimentaria como o piar esencial para afrontar un futuro atractivo feito de posibilidades.
Un quilómetro cero que abra a cociña galega ao mundo, que se converta no epicentro dunha revolución gastronómica e que o faga desde un dos pratos de referencia do imaxinario gastronómico galego: o cocido de Lalín. Un movemento gastronómico global co que desenvolver accións que se postulen como pioneiras dentro do sector en Galicia e que se sitúen, de igual a igual, na vangarda dos eventos estatais e europeos.
Para a creación do programa do foro se contará coa presenza de catro comisarios gastronómicos, encargados de conformar un programa coa presenza de distintos profesionais culinarios baixo distintos eixos temáticos: a Sustentabilidade gastronómica, a Memoria gastronómica do Camiño, os Cocidos do Mundo, a Gastronomía, turismo e o territorio e a Vangarda e deseño gastronómico. Creatividade e innovación.
O comisariado do foro gastronómico estará formado por grandes figuras representativas da gastronomía galega e se celebrará en diferentes localizacións de Lalín, integrando desta maneira, o escenario dentro dos contidos que tratarán ao longo dese I Foro Gastronómico do Camiño.
La quinta edición del Foro Territorios Patrimonio se celebrará el 11 y 12 de diciembre en la Ribeira Sacra
El Foro Territorios Patrimonio es un evento de carácter internacional que un año más reúne en la Ribeira Sacra a las voces más interesantes del momento en cuestiones como patrimonio, turismo sostenible y futuro vitivinícola. Un programa completo de conferencias, mesas redondas y actividades dirigidas a profesionales de la cultura y el turismo, así como también la un público general con interés en profundizar en los retos y oportunidades de la Ribeira Sacra en un entorno internacional.
Esta edición del Foro Territorios Patrimonio cuenta con el apoyo e implicación de la Xunta de Galicia a través de la Vicepresidencia 1ª y Consellería de Presidencia, Justicia y Turismo y la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda.
El quinto Foro Territorios Patrimonio tendrá como paño de fondo algunas de las cuestiones que más van a marcar el devenir de una zona candidata a Patrimonio de la Humanidad desde un punto de vista turístico, ambiental, vinícola, gastronómico, patrimonial, de experiencias, de sostenibilidad y de futuro.
Se busca trazar cuestiones que ayuden a los actores y sectores de la zona para exponer sus estrategias de trabajo en un medio-largo plazo, contribuir a generar lazos de colaboración con otros territorios de la humanidad, atraer otros puntos de vista y maneras de trabajar y establecer sinergias de presente y futuro, como ya se hace desde el origen de este foro.
PRESERVACIÓN DEL TERRITORIO:
El objetivo de este foro también es visibilizar el nuevo escenario de la candidatura de la Ribeira Sacra ante la selección de Patrimonio de la Humanidad, y a ahondar en la situación para los próximos años.
Por otro lado, el pasado mes de septiembre, la candidatura a reserva de biosfera de la Ribeira Sacra y Serras do Oribio e Courel se culminó después de un largo camino, siendo, oficialmente, el séptimo de estos espacios declarados en Galicia. Un reconocimiento que tendrá relevancia en el discurso de la quinta edición del Foro Territorios Patrimonio.
V FORO TERRITORIOS PATRIMONIO: LA CONSERVACIÓN Y TRANSFORMACIÓN DEL TERRITORIO
La conservación y transformación del territorio se configura como una componente clave para mejorar el patrimonio natural, patrimonial y cultural de un territorio como la Ribeira Sacra. Contempla actuaciones en materia de transformación y gestión del territorio orientadas a disminuir los niveles de tensiones y adaptación al cambio climático, apostando por acciones que faciliten su adaptación también la entornos digitales.
La transformación digital, el respeto por la naturaleza y la creatividad virtual son conceptos que se entrelazan y buscan fó rmulas de convivencia para conseguir mejores soluciones para una misma necesidad: la de disfrutar del patrimonio de una regió n generando riqueza sostenible para a misma. El turismo cultural tiene la oportunidad de actualizarse desde una nueva perspectiva que tenga en cuenta a todos los actores de la zona, desde lo me lá is pequeño al me lá is grande.
CLAVES PARA LA SOSTENIBILIDAD CULTURAL Y PATRIMONIAL
Muchos expertos consideran la cultura como el cuarto pilar del desarrollo. El pasado mes de mayo, el Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 sorprendía con la inclusión de la cultura y su aportación al desarrollo sostenible en el Informe de Progreso y Estrategia de Desarrollo Sostenible 2030, un documento que aborda una serie de políticas y retos a nivel nacional con el fin de exponer una estrategia conjunta.
El Foro Territorios Patrimonio quiere servir también como centro de debate y catalizador de esta nueva estrategia cuyos objetivos ponen en el centro el triple impacto económico, social y ambiental, sin centrarse en la aportación cultural.
FORO TERRITORIOS PATRIMONIO:
El Foro Territorios Patrimonio 2021 es la continuidad de un proyecto que impulsa, tanto I-Radia Créela cómo 17° Ribeira Sacra Festival, como una herramienta al servicio de la Ribeira Sacra. Mantener la celebración del Foro Territorio Patrimonios en 2021 es importante para garantizar la continuidad de un proyecto de relevancia para el territorio, su gente y su futuro. Toda la información en: https://foroterritoriospatrimonio.com
Patrocinadores institucionales: Xunta de Galicia a través de la Vicepresidencia 1ª y Consellería de Presidencia, Justicia y Turismo y la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda. Colabora: Ayuntamiento de Pantón, Gadis y Regina Viarum.
FECHA DE CELEBRACIÓN: 11-12 de diciembre de 2021.
LUGAR: Ayuntamiento de Pantón, Lugo.
ESPACIO: Hotel Iberik Augas Santas
AFORO:
Esta nueva edición contará con expertos y la participación está principalmente dirigida a profesionales, administradores públicos, investigadores o público general que tengan alguna relación con el medio natural. Habrá un pequeño aforo para las personas que deseen asistir de manera presencial durante las dos jornadas. Las plazas son limitadísimas y pueden solicitarse en el mail habilitado: contacto@foroterritoriospatrimonio.com
El Foro Territorios Patrimonio podrá seguirse de manera on- line a través de su canal de Youtube.
Unha rúa, unha vida: una exposición sobre la memoria histórica de la ciudad de A Coruña
Unha rúa, unha vida es un proyecto que busca dar a conocer la historia y la memoria que habitan en cada una de las calles y plazas de la ciudad de A Coruña. Con esta iniciativa se busca conocer y valorar el lugar donde se vive, ya sea por su historia o por su identificación de cada quien con el lugar. Detrás de cada calle de A Coruña encontramos hechos históricos, vivencias y personas que forman parte de la memoria de la ciudad. El objetivo de este proyecto es conocer de dónde vienen el nombre de las calles, y por lo tanto, saber más del lugar en el que vivimos.
Unha rúa, unha vida, pretende recuperar la memoria colectiva de la ciudadanía de A Coruña el testimonio de aquellos que, a lo largo de los siglos recorrieron, conocieron o incluso pusieron nombres a muchas de las calles de A Coruña, pero también para ilustrar, a quién hoy sigue visitándolas, parte del alma de la ciudad, sus cosas peculiares o los acontecimientos menos conocidos, ficticios o reales, acaecidos en calles como Juana de Vega, Rúa Real, Rúa Rego da agua…; o esos otros tesoros, menos advertidos por no ser materiales, pero que están en cada esquina y en cada lugar a poco que se preste la atención debida.
En formato exposición, situada en el epicentro de la ciudad, la zona del Obelisco, podremos pasear y conocer la historia que se esconde diestras de cada nombre de calle. En esta exposición participan un total de diecinueve calles de la zona del OBESLICO entre las que se encuentran: María Barbeito, Plaza de María Pita, Rego da agua, Oliva, Rúa Real, Galera, Canuto Berea, Álvaro Cebreiro, Rúa Nueva, Mantelería, A Estrella, San Andrés, Cantón Grande, Cantón Pequeño, Durán Loriga, Fernando Arenas, Alameda, Juana de Vega.
Unha rúa, unha vida, también cuenta con una página web y una sección de APORTACIONES a este proyecto, en el que la ciudadanía de forma participativa puede complementar esta exposición con imágenes, vivencias o historias de vida vinculadas que ciudad.
Unha rúa, unha vida es un proyecto impulsado desde I-Radia Créela con la colaboración del Concello de A Coruña.
Balthazar y Maika Makovski, protagonistas de una nueva edición del ciclo As Matinés do Principal
El éxito del ciclo As Matinés do Principal, música live para todos los públicos y en horario matutino, regresa este otoño de manera excepcional al Pazo de la Cultura por mor en las obras en el Teatro Principal, acercándonos en esta ocasión, los directos de los belgas Balthazar, una de las bandas mejor reconocidas dentro del soul-pop alternativo y una de las artistas más polifacéticas del panorama nacional, Maika Makovski.
La pandemia del coronavirus impidió la celebración de este ciclo como tal el año pasado pese a mantenerse una de sus citas, la de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, que junto a Guadi Galego, celebraron en la Explanada del Pazo de la Cultura de Pontevedra el primer evento de la nueva normalidad de una ciudad que demostró en todo momento que, siguiendo los protocolos adecuados, la cultura es totalmente segura.
As Matinés do Principal es una nueva manera de vivir la música live y el ocio en Pontevedra y de ofrecer nuevas posibilidades de calidad a un público familiar. Una calidad que queda patente en la antología del programa de este año: los belgas Balthazar abrirán este ciclo el sábado 30 de octubre con un espectáculo muy especial para presentar su nuevo trabajo ‘Sand’ con el que aterrizan en nuestro país para confirmar que son una de las bandas más importantes del soul-pop alternativo a nivel internacional; en cambio Maika Makovski y su banda llenarán el escenario en la segunda sesión de las Matinés que tendrá lugar el 4 de diciembre, demostrando que ahora mismo tienen uno de los directos más solventes el panorama nacional.
Siguiendo la astilla marcada desde su primera edición, la variedad de las aportaciones musicales de las Matinés del Principal brinda la oportunidad de escuchar y ver en nuestro teatro a artistas, músicos y grupos internacionales, nacionales y gallegos de contrastada reputación, valía artística y originalidad.
El precio de las entradas para cada uno de los conciertos oscila entre los 16 y los 18 euros, teniendo descuentos del 50% en las entradas del público menor de 14 años, y existe la posibilidad de adquirir un abono para las dos actuació ns del ciclo a un precio de 32 euros. Estarán disponibles a partir del próximo martes 14 de septiembre a través de Ataquilla.com
Jazz ao Norte converte A Ferrol na capital atlántica do Jazz
O festival Jazz ao Norte, organizado polo Concello de Ferrol, despediuse o sábado con gran éxito de público, ao esgotarse as entradas e os abonos para os tres concertos de pago. En total, arredor de 1.500 persoas pasaron polo castelo de San Felipe, o cuartel de Dores (no que houbo dúas sesións) e o parque Raíña Sofía durante as tres xornadas. Andrea Motis abriu o programa o xoves 29 na fortaleza cun recital ao que a maior parte dos espectadores acudiron en barco dende o peirao de Curuxeiras. Os asistentes tiveron a oportunidade de visitar o castelo e os seus novos espazos expositivos nos momentos previos ao espectáculo da intérprete catalana, no que se escoitaron sons que variaron entre o jazz máis clásico e a bossa nova.
O venres Luísa Sobral aportou novos matices ao festival co seu estilo personalísimo. Foi no cuartel de Dores, que se estrenou con Jazz ao Norte como espazo para concertos grazas á colaboración da Armada. A portuguesa logrou o aplauso unánime dos presentes. Tomou o relevo, o sábado pola tarde, a galega Antía Muíño. No que foi o único concerto gratuíto das tres xornadas, encheu de música o parque Raíña Sofía unha semana despois de actuar no Jazzaldia de San Sebastián.
José James foi o encargado de pechar Jazz ao Norte cun concerto enormemente aplaudido polo público congregado de novo no cuartel de Dores. A aparición do orballo cara o final non impediu que o estadounidense e a súa banda continuaran o espectáculo, feito que foi moi celebrado. James viña de triunfar tamén no certame donostiarra os días anteriores coa súa homenaxe a Bill Withers.
O obxectivo de Jazz ao Norte era unir música e patrimonio para, entre outras cousas, poñer este último en valor. Por ese motivo o Concello apostou por solicitar a inclusión do cuartel de Dores entre os espazos para a súa celebración, primeira vez que se abría ao público e unha proposta que a Armada acolleu con entusiasmo. O festival nace cunha vocación internacional que se reflectiu no seu cartel e coa aspiración de converter Ferrol en referente dentro deste estilo.
EL CONCELLO DE TEO ACOGERÁ EN JULIO UNA DE LAS PRUEBAS OFICIALES DEL FIP RISE
Del 13 al 18 de julio 2021 se celebrará en el Concello de Teo una de las pruebas oficiales del FIP RISE. El torneo internacional de pádel llega por primera vez a Santiago de Compostela, poniendo a la ciudad en el mapa del circuito profesional internacional de uno de los deportes más practicados en nuestro país.
Se trata de un torneo abierto, en el que cualquier pareja de pádel con licencia federativa, que no se encuentre dentro del top 45 del circuito WPT podrá inscribirse y en el que se disputarán dos categorías: Absoluta masculina y Absoluta femenina, con 3.000€ en metálico para cada una de ellas. La media en el número de inscripciones en este tipo de pruebas está en unas 200 parejas por torneo este año. La previsión para Santiago es superar esa cifra.
A la hora de cuantificar la participación, se han tomado como referencia cifras de algunos de los eventos ya celebrados en este tipo de pruebas (Dubai o Stockholm, con un fuerte crecimiento en practicantes, han sido sede de pruebas FIP en este 2021, entre otras) Es importante recalcar que la duración de estos torneos es de aproximadamente una semana y los números suelen estar entre 150 – 250 parejas inscritas en ambas categorías (femenina / masculina) y de más de 14 nacionalidades.
INSCRIPCIONES:
Es posible inscribirse a través de la página de la Federación Española de Pádel desde el día 17 de junio de 2021 https://www.padelfederacion.es/campeonatos
—
FIP Rise Galicia 2021 se celebrará en las instalaciones del Club Family Los Tilos. Las zonas urbanas de Teo y Santiago de Compostela son algunos de los puntos de mayor afluencia de público a instalaciones dedicadas al pádel, contando con algunas de las instalaciones mejor equipadas de la comunidad.
Paralelamente, se disputará una prueba no federada, para que todos los aficionados al pádel de la zona puedan poner en práctica sus habilidades en pista y se sumen a esta gran fiesta del pádel en Santiago, con importantes premios, cortesía de nuestros patrocinadores A1 Seguridade, Conservas Friscos, Gadis supermercados, Compostela Caravaning, I-Radia Crea, Pampín Bar y Restaurante San Clemente, los que sin dudarlo decidieron apostar por este evento deportivo sin precedentes en la ciudad compostelana.
Esta iniciativa cuenta con la financiación de la Xunta de Galicia y su área de Igualdade con la campaña “NON á violencia de xénero”, Deporte Galego y Xacobeo 21·22.