BALANCE MOI POSITIVO DO FESTIVAL GASTRONÓMICO COCIDOS DO CAMIÑO CELEBRADO ESTA FIN DE SEMANA NO CONCELLO DE LALÍN
Máis de 5000 persoas participaron esta fin de semana no Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, un evento que irmanda o cocido de Lalín cos que se fan nas comunidades polas que pasa algunha ruta xacobea
Máis de 5000 persoas participaron no Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, que se desenvolveu esta fin de semana no Campo da Feira de Lalín, onde a cultura, a gastronomía e o Camiño congregaron a asistentes de toda Galicia a gozar dunha experiencia completa ao redor dun prato tan venerado como o cocido.
Unha degustación culinaria que levanta paixóns, como se comprobou esta fin de semana na que se repartiron máis de 600 racións dentro dun festival que non fixo máis que abrir unha nova guía “gastro-musical” na que participaron os cocidos lalinense, estremeño, lebaniego e o pote asturiano, cada un coas súas particularidades, e que se completou coas actuacións de bandas como Tanxugueiras, Baiuca, Club del Río, Eladio y los Seres Queridos…
Así, o Cocido Lebaniego foi levado a cabo por Montse Prellezo do Restaurante Remoña (Cantabria), quen ademais agradeceu á Fundación Camino Lebaniego e ao Grupo de Acción Local Liébana polo seu apoio para facer posible o estar neste festival gastronómico. Julián Hurtado do Restaurante El Chozo Extremeño, presentou o seu mellor Cocido Extremeño, e aos fogóns do Pote Asturiano estivo Cristina Rey de La Gitana GastroBar en Gijón, quen tamén sorprendeu aos asistentes co seu croquetón de compango. O cocido galego foi representado, por unha chef lalinense, Cecilia Sanmartín de Casa San Martín.
Polo corazón de Galicia discorreron esta fin de semana dous trazados do Camiño: o de Inverno e a Vía da Prata, demostrando desta maneira que as rutas xacobeas son na actualidade a maior rede cultural á hora de promover calquera singularidade que se atope nalgún punto do seu percorrido, e este festival atopou en Lalín algo que vai moito máis alá do seu espazo de celebración. Así o destacou José Crespo, alcalde de Lalín, que puntualizou “que é unha satisfacción que moitos galegos se achegaran a Lalín a coñecer os cocidos do Camiño de Santiago” e que os cociñeiros que viñeron de fóra “amosasen a súa ledicia polo convite e tamén polo resultado do Festival, tanto no referente á difusión como no referente á venda e degustación de produto”.
Unha vez rematada a parte do festival poñerémonos a traballar no congreso no que “tentaremos contar con algúns dos referentes da cociña nacional e tamén autonómica” e darlle un pulo ao Cocido e á cociña como conceptos de cara “aos retos que nos formula a cociña do futuro, no que se refire a produto, a sostibilidade e rebaixa da pegada medioambiental e tamén á difusión da riqueza da nosa gastronomía”.
Crespo tamén lembrou que dúas das novidades importantes desta edición, pese a ser unha edición que coincidiu co final da pandemia e con todos os condicionantes que implicaba, “acadaron un notable repercusión e un moi destacado éxito, tanto o Festival dos Cocidos do Camiño como o caso de Alvariza, a Feira do Mel que tamén comezou na primeira edición co nivel moi alto”.
Pola súa parte, Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, organizadora do evento, celebrou «O bo ambiente, o éxito e o que pode supoñer este formato único de festival que se presentou en Galicia, un referente dunha nova forma de entender os festivais gastronómicos, e as exaltacións gastronómicas. Un festival que aspira a seguir crecendo con máis gastronomía e máis comunidades convidadas”.
Oferta musical de calidade que converteu o festival gastronómico en toda unha experiencia
Un apoteósico concerto de Tanxugueiras o sábado puxo o broche de ouro a esta edición de Cocidos do Camiño cun público ávido de escoitar ás cantareiras, que encheron a carpa do Campo da feira, pero tamén con ganas degustar os diferentes cocidos nesa sesión vespertina mentras de fondo soaban Eladio y los Seres Queridos e Atmósfera 0. Pola mañá foi a quedan de As Pandereteiras da Carballeira de Cercio e da banda Club del Río, quen amenizaron a sesión vermú.
O venres pasaron pola carpa a banda valenciana Maluks, letras empoderadas e ritmos moi bailables e Baiuca, un dos referentes do novo panorama musical galego, o encargado de facer bailar unha muiñeira con ritmos electrónicos a todos os asistentes da primeira xornada.
En total, máis de 5000 persoas pasaron polo Campo da Feira de Lalín para participar nun festival novedoso que xa empraza ao público para a seguinte edición o ano que vén.