Volver atrás Noticias

Cantar e contar, a fala como arte

Un encontro conducido pola comunicadora vinícola e escritora galega, Cristina V Miranda no que se profundizará no traballo artístico da poeta e periodista Olalla Cociña, quen vén de estrear Unha tu, unha acción poética e musical formada por un monólogo a dúas voces que son a mesma voz ou como ela di, “Un alucinamento do desdobramento”, e Os amigos dos músicos, unha das bandas con máis proxección dentro e fóra das nosas fronteiras, acaban de gañar, ademais, o premio MIN da Música Independiente ao “Mejor Álbum en Gallego” co seu último traballo, Segundo fogar.

Unha cita na que se falará sobre o momento actual no que se atopa a nosa lingua mediante unha conversa que fluctuará entre dous extremos: por unha banda, buscarase a emoción do oínte a través do diálogo e debate en torno á tradición oral, modernidade e a diversidade da lingua galega facendo un percorrido entre o peso dos referentes e a necesidade de alonxarse do estabelecido para que a voz continúe medrando; e doutra banda, desde os versos recitados polas dúas escritoras, e da música, cun concerto final a cargo da banda convidada.In

Esta actividade está enmarcada no Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, terá lugar o sábado 28 de novembro ás 20.30 horas no Eurostars Pazo de Sober.

Capacidade limitada. Inscricións en comunicacion@i-radiacrea.com