iRadia Crea

O FIV de Vilalba anuncia as datas da súa 17º edición e os primeiros abonos á venda

  •  O festival terá lugar o 26 e 27 de abril de 2024 na praza da Constitución de Vilalba (Lugo).

  • As primeiras confirmacións do cartaz serán desveladas proximamente.

a.

O FIV de Vilalba acaba de anunciar as súas datas de celebración deste novo ano. Deste xeito, o festival celebrará a súa décimo sétima edición o 26 e 27 de abril de 2024, e abre a venda de abonos este xoves, 4 de xaneiro, a partir das 10.00 horas. Con motivo deste anuncio, dende o Instagram do festival está tendo lugar un sorteo exprés de 10 abonos para os participantes.

As primeiras confirmacións do cartel musical desvelaránse nas próximas semanas, que volverá a ser unha aposta pola mellor música independente do panorama nacional, poñendo no mapa á localidade de Vilalba como unha das citas musicais xa ineludibles para os máis melómanos. Ademais, este ano o festival volverá ós seus orixes, celebrándose de novo na praza da Constitución.

O pasado ano, o Fiv de Vilalba consegueu alcanzar o rexistro de asistentes máis alto da súa historia con 6.000 persoas ó longo da fin de semana, esgotándose as prazas hoteleiras da localidade e alrededores. O público principal pertence ás catro provincias galegas, pero cada ano o festival recibe máis visitantes de outras comunidades como Castilla León, Asturias ou Cataluña.

O festival volve contar un ano máis co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo.
Proximamente ampliarase información sobre o festival.