I-RADIA CREA AUMENTA O SEU COMPROMISO POLA ACCESIBILIDADE NOS EVENTOS MUSICAIS
A empresa I-Radia Crea aumenta o seu compromiso pola accesibilidade en eventos musicais presentando un plan de medidas en colaboración con ACOPROS
I-Radia Crea, en colaboración con ACOPROS (Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo), aumenta o seu compromiso coa accesibilidade, ao achegar a cultura a persoas con discapacidade. Neste caso, farase mediante a implantación dun plan de medidas de accesibilidade na gran maioría dos seus festivais, como o FIV de Vilalba, 17° Ribeira Sacra ou Esférica Rioja Alavesa.
O obxectivo destas medidas é que calquera persoa, independentemente das súas capacidades, poida gozar dos festivais e das distintas actividades en igualdade de condicións que o resto de usuarios/as asistentes.
Neste sentido, I-Radia Crea volve poñer ao servizo do público o acceso preferente e zonas de estacionamento habilitadas con prazas de uso exclusivo para persoas con discapacidade e/ou mobilidade reducida, aseos e barras accesibles, libre acceso ás persoas acompañantes, acceso aos recintos de autobuses adaptados… E este ano, ademais, impulsa, en colaboración con ACOPROS, medidas de accesibilidade sensorial poñendo ao dispor dos asistentes que as soliciten, mochilas vibratorias, para que as persoas xordas poidan sentir a música a través do corpo.
Ademais, isto non quedará así, complementarase con webs accesibles con páxinas de “Lectura Fácil”, materiais como vídeos de presentación dos festivais subtitulados e en lingua de signos, ou sinalización accesible, a parte doutras medidas. Cabe destacar que cada festival ofrecerá estes servizos de forma gratuíta, só haberá que realizar un solicitude de forma previa para o uso das mochilas vibratorias.
Todo isto queda enmarcado tamén dentro do compromiso coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, adoptando medidas que garantan a accesibilidade (física, motora, cognitiva, sensorial e orgánica) e a necesidade de avanzar cara a sociedades máis inclusivas, solidarias e cohesionadas, poñendo ás persoas no centro de todas as accións (ODS 10).
Finalidade e obxectivos:
A finalidade deste plan é que o público poida gozar das diferentes experiencias que compoñen o programa dos festivais, conseguindo, desta maneira, que as súas actividades sexan plenamente inclusivas e forme parte das ofertas culturais accesibles a nivel nacional.
- Fomentar e garantir o acceso á cultura e á música en vivo a persoas con capacidades diversas.
- Concienciar, visibilizar e sensibilizar sobre a necesidade de tomar medidas para conseguir a inclusión real dentro da oferta cultural ao longo de todo o ano.
- Impulsar a utilización de novas ferramentas para mellorar a accesibilidade dos eventos culturais.