iRadia Crea

O ciclo Voices expándese a outros puntos de Galicia

O ciclo Voices, promovido ata a data polo Concello de Pontevedra e xestionado pola promotora cultural I-radia Crea, desprazarase a novas ubicacións a partir do 2024, descentralizándose da capìtal de Lérez e levando xiras de recoñecido prestixio a outras cidades galegas.

Dende a promotora compostelá darán a coñecer as novas datas dos vindeiros concertos para o 2024. Mentras tanto, o 12 de maio, o cantante de renome internacional, Mahmood, chegará dentro deste ciclo a Pontevedra, no único concerto do norte do país e para o que quedan as últimas entradas á venda dende 30 euros (+ g.x.). O italiano, que catapultou a súa carreira tralo seu paso por Eurovisión e o Festival de San Remo, acaba de lanzar o seu último sinxelo “Cocktail d’amore” e comeza a xira europea que levarano por múltiples salas de concertos e teatros, tendo en España tan só catro paradas.

Sinónimo de calidade, diversidade e paixón, este ciclo transitou ata agora cunha proposta tan sinxela como efectiva: apostar polas mellores voces coa intención de recoller os sons máis destacados do panorama musical actual levándoo a colgar o cartel de “sold out” en ata sete ocasións en cinco edicións: The Divine Comedy, Morcheeba, Jorge Drexler, James Rhodes, Lila Downs… Este ano, o Pazo da Cultura de Pontevedra tamén acolleu o concerto da recoñecida cantaora Rocío Márquez xunto o produtor Bronquio, quenes presentaron o seu último traballo en conxunto “Tercer Cielo”. 

Novos espazos e novos públicos agardan a este ciclo, que toma un novo rumbo na procura de transmitir sensacións e levar concertos de gran calidade por toda Galicia, pero que manterá a esencia que lle fixo crecer durante estes cinco anos de vida.