O Foro Territorios Patrimonio despide a súa sétima edición, que se celebrou este luns 13 de novembro no Parador de Monforte e martes 14 nas Bodegas Regina Viarum e que agotou as prazas de aforo presencial, no cal reuníronse expertos internacionais e nacionais en patrimonio, cultura e turismo para poñer sobre a mesa diversas cuestións como a sustentabilidade no turismo, visibilizar proxectos en zonas rurais con fondos europeos Next Generation, así como dar a coñecer outros lugares de interese patrimonial coma o Camiño Lebaniego.
A reconstrución do proceso da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade centralizou gran parte das intervencións, poñendo o foco na implicación do texido local e a dinamización do territorio co obxectivo de acadar este recoñecemento.
O acto de apertura estivo a cargo de Carlos Montilla, Director do Foro e de Festivales Para un Territorio, José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e Luis Fernández Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Este último sinalou que o foro, tras sete anos de celebración e que naceu como parte complementaria ao festival 17º Ribeira Sacra, xa tiña vida propia e víase reflexado no éxito de convocatoria e a asistencia cada ano de expertos e profesionais de renome que acuden a compartir os seus coñecementos e inquedanzas nestas xornadas profesionais.
O pasado luns, o Parador de Monforte acolleu catro mesas redondas e un panel de experiencias con iniciativas reais no ámbito cultural como “Lugares Vivos”, un programa de actividades culturais desenvoltas en diferentes zonas da Ribeira Sacra, ou a “Estación Cultural” en Vedra. Ambos proxectos foron beneficiarios dos fondos Next Generation.
O acto de clausura o protagonizou Mario Crecente, Director de Crecente Asociados e membro da comisión que prepara a nova candidatura para Patrimonio da Humanidade, xunto con Alexandra Seara, Xerente Consorcio Turismo Ribeira, sinalaron varias conclusións das que se expoñeron e concluíron invitando a cumprir coas boas prácticas na procura dun obxectivo en común.
VISITA ÁS BODEGAS REGINA VIARUM
A última actividade prevista tivo lugar esta mañá cunha visita ás Bodegas Regina Viarum, no marco da experiencia «Cambio climático en zonas vitivinícolas«, na que participaron Pancho Campo, presidente da Fundación Planeta Futuro, Iván Gómez, director de Regina Viarum, Antonio Lombardía Crespo, presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, Mónica Chaves, responsable de campo de Mar de Frades e foi moderado por Juanjo Figueroa Treus, sumiller formado no Instituto Galego do Viño e Presidente da Asociación Galega de Sumillers.
O Foro Territorios Patrimonio, iniciativa de I-Radia Crea e 17° Ribeira Sacra, concluíu esta sétima edición cumprindo o seu obxectivo de profundar nos retos e oportunidades da Ribeira Sacra nunha contorna internacional e continúa traballando en visibilizar este territorio.